
Concertos
As dez datas para gozar do cinema con música en directo
Joe Crepúsculo: “Gústame Bob Dylan aínda que a miña música non soe nada a iso”
Axenda de Concertos
febreiro, 2019
22feb23:00DANIEL CALÁ + EDEL ORTACONCERTO | De balde23:00 El Rincón de los Artistas
Detalles do evento
"BOHEMIOS SEN FRONTEIRAS" .. Un dúo diferente..! música de todos os tempos... de todos os lugares... sentimentos sen fronteiras a cargo de dous grandes artistas: EDEL ORTA E DANIEL CALÁ...
Detalles do evento
“BOHEMIOS SEN FRONTEIRAS” .. Un dúo diferente..! música de todos os tempos… de todos os lugares… sentimentos sen fronteiras a cargo de dous grandes artistas: EDEL ORTA E DANIEL CALÁ… PIANO, GUITARRA E VOCES..!
Clásicos internacionais interpretados con personalidade e categoría, nunha noite moi especial…! para cear “algo livianito” (con reserva PREVIA), tomar uns guays cos amigos e pasalo moi ben…!

Hora
(Venres) 23:00
Lugar
El Rincón de los Artistas
Rúa de Bolivia, 41, 36204 Vigo, Pontevedra
22feb23:00ANTONIO TATOCONCERTO | 3,00€23:00 La Pecera
Detalles do evento
Antonio Tato é un cantautor que entrou no mundo da música e da poesía dende que era un neno. A súa música ten unha influencia moi forte polo "blues" e
Detalles do evento
Antonio Tato é un cantautor que entrou no mundo da música e da poesía dende que era un neno. A súa música ten unha influencia moi forte polo “blues” e polo “country”. Presenta os temas do seu novo cd “Snakes, Sailors & Fire” e covers de Bob Dylan, Johnny Cash, Hank Williams, Micah P. Hinson,Tom Waits… Abarcando estilos como o country, o blues e folk Americano.
Traballo de debut auto editado e titulado: “Snakes, Sailors & Fire”.

Hora
(Venres) 23:00
Lugar
La Pecera
Rúa de Pizarro, 35, 36204 Vigo, Pontevedra
22feb23:30Los VinagresCONCERTO | Desde 8,00€23:30 La Iguana Club
Detalles do evento
Este venres, directos desde Palma chega un dos grupos revelación deste 2019!! Unha mestura salvaxe entre Santana e os Black Keys, que prometen poñer a bailar a toda La Iguana Club. O
Máis
Detalles do evento
Este venres, directos desde Palma chega un dos grupos revelación deste 2019!!
Unha mestura salvaxe entre Santana e os Black Keys, que prometen poñer a bailar a toda La Iguana Club.
O trío canario evolucionan cara á música latina no seu novo álbum da man de Warner Music Spain baixo o título “Los Volcanes” e que inclúe temas como “La Chibichanga”, “Sácate los colmillos” ou “Los volcanes se duermen” cos que os naturais da Palma alcanzan a madurez artística.
Tras dous anos de traballo dedicados á composición e produción, Los Vinagres ofrecen un renovado son influenciado pola música latina e o rock de raíces. A este traballo precédelle “El canto de la morena” (2015), álbum debut que lles permitiu levar o seu potente directo á práctica totalidade de salas do país e a festivais como Mad Cool, MontgoRock ou o Festival Gigante por nomear algúns.
Despois de concerto seguiremos a festa e o baile cos Compadres djs, nunha festa preparada especialmente para a ocasión, Verbena Maraca, unha festa para o baile a ritmo de rock and roll, cumbia, mambo e boogaloo!

Hora
(Venres) 23:30
Lugar
La Iguana Club
Calle Churruca, 14, 36201 Vigo, Pontevedra, España
22feb23:45Adolfo FhCONCERTO | De balde23:45 Point
Detalles do evento
Show acústico a cargo do artista vigués Adolfo Fh que interpretará un pouco de todo dende os Beatles e Bowie a Motörhead ou Metallica e incluso algúns temas propios.
Detalles do evento
Show acústico a cargo do artista vigués Adolfo Fh que interpretará un pouco de todo dende os Beatles e Bowie a Motörhead ou Metallica e incluso algúns temas propios.

Hora
(Venres) 23:45
Lugar
Point
Plaza Compostela 23, Vigo, Pontevedra
22feb23:59Noite MestizaCONCERTO | De balde23:59 Sala Doppler
Detalles do evento
"Noite Mestiza" é a fusión de distintos estilos da música underground. Dende a música do trópico ata os ritmos frenéticos dos balcáns, facendo parada nos ritmos xamaicanos ou no folclore
Máis
Detalles do evento
“Noite Mestiza” é a fusión de distintos estilos da música underground. Dende a música do trópico ata os ritmos frenéticos dos balcáns, facendo parada nos ritmos xamaicanos ou no folclore galego. Isto remexido con toques electrónicos dan pé á electrocumbia, balkanbeats, kuduro, speedfolk ou jungle por ponher uns exemplos. Resumindo, prepararse porque chega unha batidora de ritmos ben potente á Sala Doppler Vigo.
Line up:
– Beat Machine: (Global Bass) Este colectivo afincado en Madrid leva en activo apenas un ano mais as súas membrxs levan xa moitos anos repartindo festa por Madrid e arredores,para esta ocasión formarán tandem:
– DJ Rorro: Integrante de los colectivos Beat Machine (Madrid) BirraRock (Segovia/Cantabria/Madrid) y Chuckchuy (Galiza/Segovia). As súas sesións adoitan ser eclécticas, resultando unha amalgama de estilos musicais de muitas partes do mundo, pasando dende estilos máis orgánicos e clásicos ao Global Bass electrónico máis actual. Levou a súa música polas principales salas de Madrid e boa parte do estado español así como en festivais traspasando incluso fronteiras a Portugal e Bélxica (Iboga Summer Festival, Millo Verde, Reina Loba, Caravan Disco Bal…), traspasando fronteiras (Caravan Disco Bal). Es
– Tudan-AK: Integrante dos colectivos Beat Machine (Madrid) e BirraRock (Segovia/Cantabria/Madrid). Nas súas sesións mezclanse a cumbia e o balcan ca música electronica máis demoledora. Ao igual que seu companheiro de colectivo leva xa muitos km nas súas costas e xa ten experiencia en multitude de salas de Cantabria ou Madrid e festivais ao longo do estado español. En Galiza xa tivemos a sorte de tela o ano pasado e deixounos claro que estar parado non é unha opción nas súas sesións.
– Brigada SOUND: (Balkan,Cumbia & Reggae) Este colectivo galego de leva moitos anos dando guerra en festas e festivais do territorio galego mais tamén tenhen participado en eventos tanto ao longo do estado español como en cidades de Portugal. As súas sesións abarcan un gran número de estilos musicais adaptándose sempre aos tempos e lugares para que todos gocen da festa como se fora súa. Son os encargados de outras festas como “Shanty Town” en Ourense ou “A Verbena” na Guarda.

Hora
(Venres) 23:59
Lugar
Sala Doppler
Rúa Martín Códax, 19-13, 36201 Vigo, Pontevedra
23feb20:00Bullet + Wild KrashCONCERTO | Desde 15,00€20:00 Transylvania Metal Pub
Detalles do evento
Volven os suecos Bullet de Xira a España Wild Krash como banda convidada Os amantes dos sons máis clásicos do Heavy Rock están de parabén. Os suecos BULLET volven de Xira a
Máis
Detalles do evento
Volven os suecos Bullet de Xira a España
Wild Krash como banda convidada
Os amantes dos sons máis clásicos do Heavy Rock están de parabén. Os suecos BULLET volven de Xira a España. Bullet teñen ganas de gañarse ao público español e empéñanse en conquistarnos cunha extensa Xira en salas de pequeno formato, para estar máis preto do seu público. Bullet estarán a actuar en España a finais de febreiro e primeiros de marzo por gran parte da xeografía española, nunha extensa xira de oito concertos.
Pero non estarán sós, porque como banda convidada estarán os sevillanos Wild Krash, un trío moi prometedor que fan un poderoso Heavy Rock de corte clásico, que estarán a presentar o seu primeiro álbum de estudo, co mesmo nome da banda.

Hora
(Sádado) 20:00
Lugar
Transylvania Metal Pub
Rúa Rogelio Abalde, 16, 36201 Vigo, Pontevedra
23feb22:00Dani CostasCONCERTO | Desde 4,00 €22:00 Sinatra Coctel Bar
Detalles do evento
Primeiro concerto presentando o seu novo disco, "Pequeño Infinito". O estilo del é Pop-Rock. Dani Costas defínese como un adicto á música marcado polo pop e o rock. Desde moi novo
Máis
Detalles do evento
Primeiro concerto presentando o seu novo disco, “Pequeño Infinito”. O estilo del é Pop-Rock.
Dani Costas defínese como un adicto á música marcado polo pop e o rock. Desde moi novo formou parte de grupos cos que tocaba por locais da súa cidade e gravaba maquetas. Adquiriu gran experiencia como cantante e guitarrista grazas a varias orquestras, coas que percorreu toda Galicia.
En 2016 autoeditó o seu primeiro disco “Todo o nada” e presentouno en diferentes formatos por salas de Pontevedra. Esta actividade foina compaxinando con concertos de versións a dúo ou en solitario e coas xiras da orquestra.
Agora preséntanos o seu segundo disco “Pequeño infinito” onde hai sete novas historias cun son máis maduro e persoal. Con este novo proxecto decidiu dedicarse única e exclusivamente á súa música e levala a cuantos máis sitios mellor.
Tras máis de 15 anos de carreira Dani Costas decidiu dedicarse só á súa música. Por iso recolleu no seu Pequeño infinito sete novas historias que mostran o seu lado máis persoal. Este disco define o son que Dani Costas leva tempo buscando e co que espera chegar a todos os recunchos do país.
Apertura: 22:00 h // concerto: 22:30 h
ANT 4€
PORTA 5€
ENTRADA + DISCO 10€

Hora
(Sádado) 22:00
Lugar
Sinatra Coctel Bar
Rúa Fermín Penzol, 6, 36202 Vigo, Pontevedra
23feb22:00PASAJEROCONCERTO | Desde 10,00€22:00 La Fábrica de Chocolate
Detalles do evento
Non sempre tomarse as cousas con calma é sinónimo de lentitude. Pasajero sábeo ben e por iso preséntanos o seu terceiro disco, "Antídotos fugaces", como unha sucesión de cancións cociñadas
Máis
Detalles do evento
Non sempre tomarse as cousas con calma é sinónimo de lentitude. Pasajero sábeo ben e por iso preséntanos o seu terceiro disco, “Antídotos fugaces”, como unha sucesión de cancións cociñadas a lume lento no que a necesidade de evolucionar, sen perder a esencia, parece ser o ingrediente común.
A procura de novos enfoques, cunha electrónica máis presente e combinada coa súa base de rock, encerra á banda madrileña no local durante varios meses ata ter acabada a primeira fase dos temas.
O groso da gravación realízano no estudo “El Cariño” ( Mozota, Zaragoza) xunto ao produtor Edu Baos de León Benavente. Alí terminan de conformar os temas do disco dándolles unha nova volta de torca. A mestura e os últimos retoques están feitos por Luca Petricca nos Estudos Reno de Madrid. O disco foi masterizado por Angel Luján nos mesmos estudos.
Pasajero cambia as formas e a produción, pero de novo rodéase dun gran equipo conseguindo así un disco que non entende de etiquetas. Dez enérxicas cancións, luminosas e coidadas, nas que volvemos descubrir a calidade dunhas letras que describen, con acertados trazos de esperanza e rabia, momentos persoais da banda e situacións colectivas. En definitiva, uns “Antídotos fugaces” que nos afastan do veleno que nos rodea e que nos deixan no padal o bo sabor das propostas honestas, inquietas e traballadas.

Hora
(Sádado) 22:00
Lugar
La Fábrica de Chocolate
Calle de Rogelio Abalde 22, 36201, Vigo, Pontevedra, 36201 Vigo, Pontevedra
23feb22:00CaldoCONCERTO | 5,00€22:00 Sala Kominsky
Detalles do evento
Caldo son María Jorge Bastos ao violín e Pedro Fariñas á guitarra. Con este proxecto pretenden afondar na revisión do repertorio tradicional galego ademáis de traballar nas súas propias composicións. Nos
Detalles do evento
Caldo son María Jorge Bastos ao violín e Pedro Fariñas á guitarra.
Con este proxecto pretenden afondar na revisión do repertorio tradicional galego ademáis de traballar nas súas propias composicións. Nos seus arranxos buscan aportar novas sonoridades e conceptos contemporáneos ás pezas
Actualmente están a presentar o seu primeiro álbum no que contan coa colaboración de Anaïs Barbier á voz e pandeireta. “

Hora
(Sádado) 22:00
Lugar
Sala Kominsky
Rúa dos Irmandiños, 3, 36201 Vigo, Pontevedra
23feb22:30NósCONCERTO | 4,00 €22:30 La Galeríajazz
Detalles do evento
A banda Nós volve con forza a Vigo e cun integrante novo. Primeiro concerto deste trío jazzero.
Detalles do evento
A banda Nós volve con forza a Vigo e cun integrante novo. Primeiro concerto deste trío jazzero.

Hora
(Sádado) 22:30
Lugar
La Galeríajazz
Rúa da Ronda de Don Bosco, 21, 36202 Vigo, Pontevedra
23feb22:30InerttesCONCERTO | De balde22:30 Gatsby Vigo
Detalles do evento
Inerttes nace nun barrio de Vigo a finais do ano 2004, aínda que non sacará o seu primeiro traballo discográfico ata maio de 2008. Este EP titulado “Starpez”, producido por
Máis
Detalles do evento
Inerttes nace nun barrio de Vigo a finais do ano 2004, aínda que non sacará o seu primeiro traballo discográfico ata maio de 2008. Este EP titulado “Starpez”, producido por Paco Serén permítelles gañar o “Maketón Estrela Galicia” dese mesmo ano e chegar ás finais de diversos concursos a nivel nacional, así como a formar parte dun recompilatorio de música emerxente de fala hispana editado en Lima (Perú), polo selo “Madrugada Discos”. A partir de entón prodúcense numerosos concertos, tanto na propia cidade como por todo o territorio galego. En setembro do ano 2011 grávase o “Directo al xardín”, produción audiovisual gravada nos Estudos Eclipsis, realizado por María Domínguez, e con diversas colaboracións de luxo da escena musical local. A comezos do ano seguinte participan no documental “Efecto Ría”, e en marzo de leste mesmo ano, 2012, sacan á luz o seu disco titulado “ dosmildoce” co novo selo discográfico galego “ Barafunda Recors”(Vigo), gravado nos “Estudios Eclipsis” (Ponteareas) baixo a produción de Paco Serén e masterizado en “ Metromastering Estudos” (A Coruña). Este traballo sérvelles para virar polas salas galegas e saír a presentar a súa música en cidades como León, Porto ou Madrid. A partir de entón a banda decide traballar cun modelo de presentación de singles, achegando música e imaxe a modo de videoclips. En 2014, fanse co premio Maketón ao mellor videoclip, co seu tema “La Clave” (gravado por Rafa Darrosa e producido por Paco Serén. Dirixido por Cristian Otero). A principios de 2015 sae á luz o seu segundo single con videoclip “ Bombones de Cereza” (Producido por Paco Serén e gravado por Pancho Suárez. Dirixido por Cristian Otero e Marc Adoitar. Imaxe: Foz Filmes). Con el gañan o concurso “Primavera do Cine”, elixido como o mellor videoclip de entre as propostas, tanto locais como internacionais.

Hora
(Sádado) 22:30
Lugar
Gatsby Vigo
Rúa Inés Pérez de Ceta, 7, 36201 Vigo, Pontevedra
23feb23:00AAF´60CONCERTO | 5,00 €23:00 La Pecera
Detalles do evento
AAF´60 recrean a maxia da música da decada dos 60, época prodixiosa. Tamén revisan os éxitos dos 70, no repertorio podemos encontrar; LOS BRAVOS, LOS BRINCOS, LONE STAR, LOS MUSTANG,
Detalles do evento
AAF´60 recrean a maxia da música da decada dos 60, época prodixiosa. Tamén revisan os éxitos dos 70, no repertorio podemos encontrar; LOS BRAVOS, LOS BRINCOS, LONE STAR, LOS MUSTANG, e a un largo número de grupos, tanto españois como internacionais.

Hora
(Sádado) 23:00
Lugar
La Pecera
Rúa de Pizarro, 35, 36204 Vigo, Pontevedra
23feb23:00Noite de BrasilCONCERTO | De balde23:00 El Rincón de los Artistas
Detalles do evento
Dúo composto por KIKO DEI ROCCO E GUILHERME LEÄO, dous bos músicos brasileiros que nos traen todo o ritmo, a frescura e a variedade dos ritmos populares daquel marabilloso país. Lembrando
Detalles do evento
Dúo composto por KIKO DEI ROCCO E GUILHERME LEÄO, dous bos músicos brasileiros que nos traen todo o ritmo, a frescura e a variedade dos ritmos populares daquel marabilloso país.
Lembrando os grandes éxitos de intérpretes e compositores que marcaron a época de ouro da música de Brasil, pero tamén descubríndonos interesantes obras menos coñecidas…
Todo con arranxos ben elaborados, de forma agradable, relaxada e alegre que é a característica fundamental destes artistas.

Hora
(Sádado) 23:00
Lugar
El Rincón de los Artistas
Rúa de Bolivia, 41, 36204 Vigo, Pontevedra
23feb23:00Losto KinskyCONCERTO | 5,00€23:00 Contrabajo Club
Detalles do evento
Baixo deste nome atópase o proxecto de cinco apaixoados da música, que, provintes de estilos musicais diversos, acordaron facer rock en galego versionando co seu propio selo temas míticos de
Detalles do evento
Baixo deste nome atópase o proxecto de cinco apaixoados da música, que, provintes de estilos musicais diversos, acordaron facer rock en galego versionando co seu propio selo temas míticos de tódolos tempos.

Hora
(Sádado) 23:00
Lugar
Contrabajo Club
Rúa de Venezuela, 82, 36204 Vigo, Pontevedra
23feb23:30MR. RIVERCONCERTO | 7,00€23:30 La Iguana Club
Detalles do evento
Mr. River nace da fusión de diferentes estilos musicais (Jazz, Rock, Blues, Flamenco, Funk....) a música tradicional Galega e influencias de músicos e bandas como; Joe Satriani, Steve Vai, Andy
Máis
Detalles do evento
Mr. River nace da fusión de diferentes estilos musicais (Jazz, Rock, Blues, Flamenco, Funk….) a música tradicional Galega e influencias de músicos e bandas como; Joe Satriani, Steve Vai, Andy Timmons, Scott Henderson, Pat Metheny, Chick Corea, John Scofield, Larry Carlton, Jaco Pastorius, Marcus Miller, Victor Wooten, Dave Weckl, The Aristocrats, Uzeb…. creando así, unha diversidade de composicións orixinais, baseadas nas vivencias e sentimentos do compositor, dando lugar a un estilo propio, denominado “River Style” (Son americano made in Galicia).
A banda fórmase en Pontevedra a finais do ano 2017 con Miguel del Río, compositor dos temas e guitarras, Santi Mar San ao baixo e Manuel Bastón Lamas á batería.
En abril de 2018 incorpórase á banda a novo batería Marcos Corbacho.
Na actualidade, MR. RIVER leva publicado o seu primeiro single e videoclip oficial, que dá título ao seu primeiro EP “Mr. River” e acaba de publicar o seu segundo single e videoclip oficial “Macleod” (The Druid).

Hora
(Sádado) 23:30
Lugar
La Iguana Club
Calle Churruca, 14, 36201 Vigo, Pontevedra, España
23feb23:30The BrokeCONCERTO | De balde23:30 Cuarenta
Detalles do evento
A banda rock de Moaña preséntase no Cuarenta para demostrar por qué este é o ano do Broke'n'Roll!
Detalles do evento
A banda rock de Moaña preséntase no Cuarenta para demostrar por qué este é o ano do Broke’n’Roll!

Hora
(Sádado) 23:30
Lugar
Cuarenta
Rúa de Rosalía de Castro, 29, 36202 Vigo, Pontevedra
23feb23:30La SupersonicCONCERTO | De balde23:30 La taberna del Naútico
Detalles do evento
Banda de Vigo formada por músicos de dilatada traxectoria como son Paco Araujo , Greg Alve, Fernando López, Valerio Araujo e Rosendo Solla. Un directo potente cunha música que destaca
Detalles do evento
Banda de Vigo formada por músicos de dilatada traxectoria como son Paco Araujo , Greg Alve, Fernando López, Valerio Araujo e Rosendo Solla. Un directo potente cunha música que destaca polas súas versións do mellor blues, rock & soul.

Hora
(Sádado) 23:30
24feb12:30La PatrullaCONCERTO | De balde12:30 La Leyenda (Casablanca)
Detalles do evento
La Patrulla, fai un percorrido polos temas máis influentes do pop/rock español da década dos 80, 90 e actuais, chegando a telonear a grupos da talla de Coti, Gran Wyoming,
Detalles do evento
La Patrulla, fai un percorrido polos temas máis influentes do pop/rock español da década dos 80, 90 e actuais, chegando a telonear a grupos da talla de Coti, Gran Wyoming, Henry Méndez, Seguridade Social, e Sinistro Total entre outros.
Esta formado por Javi (batería), Juanma (baixista), Carlos (guitarra) e Ramón (voz e guitarra)

Hora
(Domingo) 12:30
Lugar
La Leyenda (Casablanca)
Rúa de Venezuela, 84, 36204 Vigo, Pontevedra
24feb13:30Tincho FernánCONCERTO | De balde13:30 Bonus Track
Detalles do evento
Tincho Fernán presenta xunto a Carlos Gil e Nuria González "CARA B", a outra cara das cancións do uruguaio, que tras pasar pola licuadora de Carlos Gil formalizan outro soar,
Detalles do evento
Tincho Fernán presenta xunto a Carlos Gil e Nuria González “CARA B”, a outra cara das cancións do uruguaio, que tras pasar pola licuadora de Carlos Gil formalizan outro soar, outra cor que fai que sexa un concerto diferente. Van xogando coa formación pasando por guitarra e teclados de base a dúas guitarras, ukelele, violín e loops gravados en vivo e interactuando co público.

Hora
(Domingo) 13:30
Lugar
Bonus Track
Rúa Llorente 31, 36202 Vigo
24feb20:30THE ROBERT J. HUNTER BANDCONCERTO | Desde 6,00€20:30 La Fábrica de Chocolate
Detalles do evento
Robert J. Hunter chega á cidade de Vigo desde as illas británicas a presentarnos un Blues sucio, rasgado e moi natural. Un son que che envolve ás primeiras notas de
Máis
Detalles do evento
Robert J. Hunter chega á cidade de Vigo desde as illas británicas a presentarnos un Blues sucio, rasgado e moi natural. Un son que che envolve ás primeiras notas de descarga dunha guitarra sen aditivos, sen efectos. A banda desenvólvese que dá xenio sobre o escenario, conseguindo que se transforme no seu hábitat natural. O seu último traballo foi gravado en directo, onde máis a gusto atópanse estes marabillosos músicos. A proximidade ao público lles engrandece e déixanse levar polas sensacións, sen adornos nin escenografía innecesaria. Un pracer para os amantes dun bo Blues en directo. Se che encanta a experiencia do directo máis natural, Robert J. Hunter é unha desas bandas que non debes deixar pasar a oportunidade de ver. Asegurámosche que non quererás deixar de escoitalos.

Hora
(Domingo) 20:30
Lugar
La Fábrica de Chocolate
Calle de Rogelio Abalde 22, 36201, Vigo, Pontevedra, 36201 Vigo, Pontevedra
24feb21:00ROBBY PEOPLES & THE CONGRESSCONCERTO | Desde 10,00€21:00 Sala Rouge
Detalles do evento
Robby é un dos novos talentos do Blues, un verdadeiro showman capaz de enganchar o público dende o primeiro minutos gracias a sua gran técnica ca armónica, os seus frenéticos
Detalles do evento
Robby é un dos novos talentos do Blues, un verdadeiro showman capaz de enganchar o público dende o primeiro minutos gracias a sua gran técnica ca armónica, os seus frenéticos bailes e a sua cautivadora voz. Estará acompañado pola banda de Denver “The Congress” e xuntos ofrecerán un show moi especial, o seu único concerto 100% Blues de toda a xira española, onde rendirán homenaxe a toda sua influencia blusística.

Hora
(Domingo) 21:00
Lugar
Sala Rouge
Rúa de Pontevedra, 4, 36201 Vigo, Pontevedra
24feb22:00Mario Bakuna & Edmundo CarneiroCONCERTO | -22:00 La Casa de Arriba
Detalles do evento
Os artistas Mario Bakuna e Edmundo Carneiro presentan o seu último disco Where Rio de Janeiro meets Bahia en La Casa de Arriba. Un disco que investiga nas raíces da música
Detalles do evento
Os artistas Mario Bakuna e Edmundo Carneiro presentan o seu último disco Where Rio de Janeiro meets Bahia en La Casa de Arriba. Un disco que investiga nas raíces da música e nos ritmos afroamericanos.

Hora
(Domingo) 22:00
Lugar
La Casa de Arriba
Rúa Martín Códax, 23, 36201 Vigo, Pontevedra
27feb20:00Real Filharmonía de GaliciaCONCERTO | Desde 6,30€20:00 Teatro Afundación
Detalles do evento
Continúa a Tempada de Música Clásica de Afundación, organizada en colaboración coa Sociedade Filarmónica de Vigo, no Teatro García Barbón. O seguinte concerto será o 27 de febreiro, ás 20.00
Detalles do evento
Continúa a Tempada de Música Clásica de Afundación, organizada en colaboración coa Sociedade Filarmónica de Vigo, no Teatro García Barbón. O seguinte concerto será o 27 de febreiro, ás 20.00 h, cun concerto a cargo da Real Filharmonía de Vigo baixo a batuta de Jonathan Webb no que se estreará unha nova obra, Macaréu, encargada pola agrupación a Adrián Saavedra.
Tamén interpretarán a Sinfonía nº 6 en re menor, op. 104, de J. Sibelius, e a Sinfonía nº 5 en re maior de R. Vaughan Williams.

Hora
(Mércores) 20:00
27feb21:00The Solo SessionsMICRO ABERTO | De balde21:00 Máis Palá
Detalles do evento
(Os concertos son a partir das 21:00, aínda que no cartel poña ás 20:00) Para solistas amateur ou pro que buscan un oco para tocar ou cantar estilos dos máis visibles como
Máis
Detalles do evento
(Os concertos son a partir das 21:00, aínda que no cartel poña ás 20:00)
Para solistas amateur ou pro que buscan un oco para tocar ou cantar estilos dos máis visibles como o rock, folk, pop, jazz, blues… Pero tamén para os músicos e/ou instrumentos que NON atopan sempre o seu espazo nas jams e nas salas: rap, opera, heavy, experimental, música clásica/conservatorio, etc.
Fomentando un espazo para músicos timidos e para xente nova, o pracer de tocar un solo onde te poidan oír, pero sen verte, xa que estarás, literalmente, nun espazo de 1m cadrado entre dúas prantas. Case como tocar na casa.
Todos os estilos musicais son benvidos, excepto os que conteñan letras racistas, homófobas ou excesivamente vulgares.
Os solistas actúan nun oco entre as 2 prantas. Así, non se pode ver ao solista, só poderás oílo. Haberá un descanso entre cada solo para facilitar a mobilidade do publico e dos artistas.
Non se pode subir ou baixar as escaleiras mentras alguén esté actuando (cada músico ten un tempo aproximado de 2-3 temas, uns 10 min.)
Por cortesía, aínda que o estilo non sexa do voso agrado, e aínda que sendo un bar non pedimos silencio total, pedimos que non se fale moi alto no transcurso das actuacións.

Hora
(Mércores) 21:00
Lugar
Máis Palá
Rúa de Manuel Núñez, 18, 36203 Vigo, Pontevedra
27feb21:00Monk Blues BandJAM SESSION | De balde21:00 Sinatra Coctel Bar
Detalles do evento
Os mércores na Sinatra Coctel Bar son de Monk Blues Band. A partir das 21:00, Javier e Diego Pacheco e Arturo Raude faranse cargo da jam session onde tocarán temas de
Detalles do evento
Os mércores na Sinatra Coctel Bar son de Monk Blues Band.
A partir das 21:00, Javier e Diego Pacheco e Arturo Raude faranse cargo da jam session onde tocarán temas de tódolos xéneros como blues, rock, soul, funky ou pop para deleitar a todo tipo de públicos cos mellores temas e pasar unha noite chea de melodías e ritmo para gozar.

Hora
(Mércores) 21:00
Lugar
Sinatra Coctel Bar
Rúa Fermín Penzol, 6, 36202 Vigo, Pontevedra
28feb21:30Fritanga SessionsJAM SESSION | De balde21:30 Sala Kominsky
Detalles do evento
Fritanga Sessions é unha jam que nace da necesidade de encontrar un espacio máis libre. Prima a espontaniedade non só a música. Esta será o fio conductor pero ten cabida
Detalles do evento
Fritanga Sessions é unha jam que nace da necesidade de encontrar un espacio máis libre. Prima a espontaniedade non só a música. Esta será o fio conductor pero ten cabida calquer xénero artístico.
Calquera pode participar inda que non teña conocimientos previos. A única condición da Fritanga Sessión é non traer nada preparado.
A organización levará intrumentos para compartir co público.
Se necesitas un previo montaxe co intrumento ponte en contacto en: info@fritangarecords.com
Taquilla inversa: entrada libre coa aportación voluntaria.

Hora
(Xoves) 21:30
Lugar
Sala Kominsky
Rúa dos Irmandiños, 3, 36201 Vigo, Pontevedra
28feb23:30Con la veniaCONCERTO| De balde23:30 Sinatra Coctel Bar
Detalles do evento
Todos os xoves, no Sinatra Coctel Bar espérannos "Con La Venia" e o seu ritmo con música de onte e hoxe para facernos máis agradable a noite...
Detalles do evento
Todos os xoves, no Sinatra Coctel Bar espérannos “Con La Venia” e o seu ritmo con música de onte e hoxe para facernos máis agradable a noite…

Hora
(Xoves) 23:30
Lugar
Sinatra Coctel Bar
Rúa Fermín Penzol, 6, 36202 Vigo, Pontevedra